A GALA INTERMUNICIPAL DE PATINAXE ÉXITO DE PARTICIPACIÓN

O día non era o idóneo para ficar moito tempo no Polideportivo de Souto, pero aínda así máis de un centenar de persoas, ademais dos participantes, achegáronse ata Toques para contemplar de cerca a evolución e a práctica de deslizamento sobre rodas das suas fillas e fillos.

Pódese dicir, que triunfou a patinaxe en idade escolar, xa que 172 nenas e nenos, representaron aos seus concellos nesta gala. Os participantes procedían das Escolas Deportivas dos concellos de Boimorto, Cerceda, Curtis, Frades, Mesía, Oroso, Santiso e os locais de Toques.

O evento non era competitivo, todo o contrario, supoñía unha oportunidade para moitos dos participantes de asistir a unha gala de exhibición de patinaxe, na que as persoas entre público presente puideron dar fe de que o deporte en idade escolar supón unha actividade real en todos os concellos e que motiva aos participantes a practicar cos seus compañeiros, co apoio incesante dos seus familiares e co interés entusiasta e sensible que mostran os monitores e técnicos municipais.

Todo esto mostrouse visible e estivo patente durante as dúas horas que durou a gala aproximadamente e para premiar a actitude participativa, solidaria, enriquecedora e agradable  dos nenos e nenas que o sábado estiveron en Toques, foron repartidas medallas e uns doces para que non marcharan de balde, tras o espectáculo ofrecido.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
FOTO FINAL

IMG_20160130_173954

IMG_20160130_173941

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
FOTO FINAL
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
E.D.M. FRADES
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
E.D.M. FRADES
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
E.D.M. CERCEDA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
E.D.M. MESÍA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
E.D.M. BOIMORTO
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
E.D.M. TOQUES
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
E.D.M. OROSO
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
E.D.M. OROSO
Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter
Share on telegram

Últimas Noticias