Axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago.

Normativa:

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago, e se establece a súa convocatoria para o ano 2021 (DOG núm. 23 do 4 de febreiro de 2021).

Beneficiarios/as:
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:
Categoría 1ª:
a) Os concellos de Galicia polos que discorra algún tramo físico terrestre do Camiño de Santiago.
b) Tamén poderán solicitar as axudas reguladas por estas bases calquera outra entidade local supramunicipal galega (deputación, mancomunidade …) en relación a actuacións que se van realizar no Camiño de Santiago, sempre que se teñan competencias para a actuación proposta.

Categoría 2ª:
a) As persoas físicas ou xurídicas titulares dun dereito real sobre un ben moble ou inmoble, recurso ou elemento situados en calquera dos tramos físicos dalgunha das rutas do Camiño de Santiago. Así mesmo, poderán ser beneficiarios os arrendatarios dos citados bens, así como aqueles que posúan calquera título válido en dereito que autorice a realización da actuación solicitada.

b) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal, en relación cos inmobles situados en calquera dos tramos físicos dalgunha das rutas no Camiño de Santiago.
c) As asociacións de veciños, comunidades de montes veciñais en man común, comunidades de bens, e calquera outra institución ou asociación que teña título habilitante suficiente para actuar sobre o recurso ou elemento sobre o que se propón a actuación situado en calquera dos tramos físicos dalgunha das rutas do Camiño de Santiago.

Actuacións:

As actuacións deberán realizarse sobre bens físicos situados no ámbito de protección dos camiños de Santiago e no campo visual do seu recorrido. Exclúense de esta orde os núcleos urbanos consolidados.
2. En concreto, poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:
a) Actuacións sobre elementos etnográficos e a súa contorna:  Actuacións de valorización, mantemento, conservación, consolidación ou restauración dos bens que integran o patrimonio etnográfico de Galicia, de conformidade co sinalado no capítulo III da Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (fontes, lavadoiros, hórreos, pontes, pontellas, muíños, valados, peches,… e calquera outro elemento de carácter tradicional vinculado á paisaxe e a cultura do lugar). As actuación realizaranse sobre o propio elemento e/ou a súa contorna.
b) Actuacións sobre a casa e a eira.
• Actuacións de mellora nos revestimentos: fachada, cuberta con materiais propios da zona como son a madeira, pedra, pintura e calquera material que harmonice coa contorna e as súas cores.
• Actuacións de mellora dos puntos de contacto coa traza do camiño: valados, pavimentos nos puntos de acceso, instalación de áreas de descanso para peregrinos,…
• Actuacións de mellora nas edificacións auxiliares, como adaptación da escala ou os acabados.
c) Actuacións no espazo agrario:
• Actuacións de ocultación mediante vexetación ou outros elementos daqueles bens ou elementos  con forte impacto sobre o campo visual do Camiño, por exemplo naves gandeiras.
• Actuacións de demolición de elementos en desuso ou abandonados sen interese patrimonial ou paisaxístico, como naves, silos ou casetas.
• Actuacións de mellora dos puntos de contacto coa traza do camiño: valados, pavimentos nos puntos de acceso.
• Actuacións de desescombro e limpeza de lixo ou materiais en desuso

d) Actuacións de naturalización:
Incorporación de vexetación como elemento integrador das construcións e dos viais, como, arborado e vexetación arbustiva de acompañamento do camiño, e mellora do axardinamento en xeral.
e) Actuacións no trazado do camiño:
• Actuacións de substitución de elementos de mobiliario urbano e similares que polo seu estado de deterioro ou polas súas propias características físicas resulten alleos á contorna do Camiño. Por exemplo: marquesiñas, elementos de sinalización, bolardos, alumeado público, cableado aéreo, antenas, colectores de residuos,…

Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter
Share on telegram

Últimas Noticias