Contratación de peóns de obras públicas

Aberto o prazo para presentación de solicitudes ata o 24 de febreiro. Os aspirantes, deberán aportar xunto coa solicitude: D.N.I., Permiso de conducir B1, Certificados dos cursos/titulos relacionados co posto, Contratos de traballo xunto con informe de vida laboral e Certificado de coñecemento da lingua galega.

Trátase dun sistema de provisión en modo concurso, isto é, tense en conta a valoración de méritos en canto a experiencia laboral (declarada con contratos de traballo) e formación académica (declarada con certificados de estudio).

Unha vez transcorrido o proceso selectivo, os aspirantes seleccionados serán contratados nove meses durante o presente ano a xornada completa. A modalidade de contratación será de persoal laboral temporal de duración determinada, por obra ou servizo.

Consulta no seguinte enlace para coñwecer os requisitos dos aspirantes e a baremación de experiencia laboral e académica:

BASES CONTRATACIÓN PEÓNS OBRAS PÚBLICAS

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter
Share on telegram

Últimas Noticias