Convocatoria do procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre

Normativa

ORDE do 18 de xuño de 2021 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre no ano 2021. (DOG nº 18 do 23/6/2021)

Obxecto

Convocar o procedemento de adxudicación de estadías e servizos para o ano 2021 das residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño, sitas nas localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), respectivamente, e adscritas á Consellería de Política Social.

Persoas destinatarias

Persoas maiores de idade ou persoas menores, sempre que vaian en compañía das súas persoas proxenitoras, persoas titoras legais, e que teñan a súa residencia en territorio español así coma os galegos e as galegas residentes no exterior que cumpran os requisitos da orde.
Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgunha das dúas convocatorias anteriores.

Tipos de servizo

Os servizos  comprenderán o aloxamento e o mantemento en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias.

Presentación de solicitudes

Cada unidade familiar poderá solicitar, a través dunha persoa que a represente, as estadías para calquera das dúas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social e para unha ou varias das quendas que se detallan no anexo III da orde, para o que debe achegar a solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo I.

Lugar de presentación

As solicitudes dirixiranse á Xefatura Territorial de Ourense, no caso de solicitar a estadía na residencia do Carballiño, e á Xefatura Territorial de Vigo, no caso de solicitar a estadía na residencia de tempo libre de Panxón. As solicitudes de estadía para ambas as dúas residencias de tempo libre poderán dirixirse a calquera das ditas xefaturas territoriais.

Prazo

Dez días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.  Ata o 7 de xullo de 2021.

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter
Share on telegram

Últimas Noticias