Inscrición e horario escolas culturais e deportivas de Toques 2021-2022

INFORMACIÓN XERAL ESCOLAS CULTURAIS E DEPORTIVAS 2021 – 2022

  1. O prazo de inscrición estará aberto desde o 23 ao 28 de setembro de 2021, en horario de 9:00 a 14:00. Para formalizar a inscrición nestas actividades é necesario acercarse ao concello para tramitar a solicitude.
  2.  Por motivos sanitarios e de aforo, a aceptación de solicitudes realizarase por orde de inscrición, ata cubrir as prazas. Ademáis, as actividades están suxeitas a un número mínimo e máximo de participantes para garantir un bon funcionamento.
  3.  Para as actividades dirixidas aos menores de idade, terán preferencia os nenos e nenas matriculados no CEIP de Toques e os empadroados no Concello de Toques.
  4.  Os usuarios maiores de idade, no caso de actividades suxeitas a taxas municipais, será necesario realizar un aboamento no banco para formalizar a inscrición.
  5.  Os usuarios menores de idade non teñen que realizar ningún tipo de aboamento, isto é, as actividades son gratuitas.
  6.  Os horarios así como as actividades poden sufrir cambios.
  7.  As actividades culturais levaranse a cabo no Edificio Multiusos e na Aula da Natureza.
  8.  As actividades deportivas terán lugar no Pavillón Polideportivo e na Aula da Natureza.

HORARIOS

Horario escolas deportivas Toques
SOLICITUDE

Pódese ver e descargar a solicitude para cumprimentar dende aquí.

 

 

 

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter
Share on telegram

Últimas Noticias