Fai o camiño con nós

A actividade de peregrinaxe organizada polo Concello de Toques para promocionar o Xacobeo 2021-22 recomeza a andadura hacia Santiago durante o mes de Outubro tras sucesivas interrupcións ocasionadas polas restriccións sanitarias.

Debido que a situación actual é estable, a intención é culminar as dúas etapas que restan para chegar á praza do Obradoiro onde se ubica a Catedral de Santiago de Compostela.

Entón, se establecen dúas datas para cada unha das etapas, comezando en Arzúa, lugar onde rematou a derradeira etapa

Domingo 17 de Outubro de 2021: Arzúa – Arca (19.3 kms)

Domingo 24 de Outubro de 2021: Arca – Santiago (19.4 kms)

Para ambos días establécese o mesmo horario de saída, isto é, ás 8:00 A.M. nas inmediacións da Casa do Concello de Toques para realizar o desprazamento en autobús ata o lugar de saída.

Por esto é necesario reservar praza por vía telefónica: 981505826 / 626445816, antes das 12:00 do venres anterior a cada etapa.

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter
Share on telegram

Últimas Noticias