FUNCIÓN DE TEATRO EN TOQUES

A Asociación Cultural Charamela presenta a obra «Botando a lingua  a pacer».

O vindeiro 9 de Abril, sábado ás 20:00 no Edificio Multiusos de Souto, terá lugar unha nova actuación desta agrupación teatral que retorna ao municipio toquense para deleitar aos interesados cunha nova función.

Entón, xa que o falar non ten cancelas, as portas do multiusos estarán abertas para todo o público sen custo de entrada para contemplar esta obra que  tras representala en diversos lugares da contorna galega regresa a Toques.

Identidade Deputación da Coruña

 

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter
Share on telegram

Últimas Noticias