GRAN PARTIDO NA FINAL DO TORNEO DE TENIS DE DOBRES EN TOQUES

Nesta ocasión os trofeos de campión foron para uns debutantes no Circuito de Tenis de Toques.

Eran as nove da mañá e no Polideportivo de Souto xa soaban os primeiros golpes de raqueta de tenis. As parellas participantes iban chegando e ilusionadamente pouco a puco todos foron comezando os seus partidos.

Cada enfrontamento disputouse ao mellor dun único set e cada media hora aproximadamente sucedíanse os partidos do primeiro grupo, no cal o segundo posto que tamén daba acceso á fase final xunto co primeiro, estivo moi disputado no partido que enfrontou a Ricar e Martín contra Xoel e Iván (os máis novos) cun resultado favorecedor aos primeiros (6-4), onde se fixo patente o triple campionato individual acadado por Martín Conde.

Pola tarde, dúas parellas de chicas xogaban no mesmo grupo contra tres parellas de chicos, e o que en principio parecía desigualdade ao final non foi para tanto, xa que Lupe, Andrea (ganadoras de torneos individuais femininos), Viky e Ana (finalistas nalgunha ocasión de torneos individuais) rendiron a un bon nivel. Destacar neste grupo, precisamnete, o partido entre as parellas femininas. Éste foi o partido máis igualado de todos cantos se xogaron durante a xornada, tanto que se decidiu no Tie Break en favor de Ana e Viky, 7-6 (6). Realmente foi coma unha final, conseguiron que os demáis presentes aplaudiran espontáneamente e non se rendiron ata rematar.

Unha vez rematada a fase de clasificación comezaron as roldas finais, a un set a nove. Por un lado o primeiro e segundo clasificado de cada grupo xogaron unha final a catro no cadro principal e os terceiro e cuarto de cada grupo xogaban outra fase final no cadro de consolación con premios máis cativos.

A final de consolación disputárona dúas parellas do grupo da mañá, co cal supoñía unha reválida para a parella toquense (Mauro e Pablo) ainda que foi máis disputado ca o partido da mañá, Xoel e Iván (de Melide) non deixaron pasar a oportunidade de proclamarse vencedores, merecidamente (9-4).

A final do cadro principal, era evidente quenes a ian xogar, xa que salvo sorpresa e con permiso de Martín e Ricar, as dúas parellas finalistas foron as que mellor soliviantaron os seus encontros con resultados claros e con servicios moi fiables e contundentes.

Entón, os arzuás Diego e Miguel e os orosás Amancio e Alejandro, deleitaron aos espectadores existentes con grandes puntos e peloteos fantásticos de gran nivel. Diego e Miguel tomaron a iniciativa co seu saque, máis unha rotura no segundo xogo e afianzándoa no terceiro, co cal partían cun tres a cero no marcador favorable. Pero en deporte as cousas non son coma empezan, senón coma rematan e Amancio e Alejandro souperon, con esforzo, intelixancia, calma e concentración, remontar ata un oito a seis, o que lles permitiu gañalo partido co seu servicio e mediante un xogo en blanco proclamáronse campións (9-6).

Unha vez máis triunfou o deporte no Polideportivo de Souto, non faltou de nada, os participantes foron obsequiados nada máis comezar e disfrutaron dunha empanada para calmar o apetito e é que o feito de pasar máis de dúas horas no pavillón non resulta cómodo, co cal desde a organización felicitar a todos os participantes porque non é doado facer o que fixeron, ten que gustar.

Agradecer ás empresas e entidades compromisarias que facilitan en gran medida que este evento se faga realidade e tamén á pouca xente que acompañaron aos participantes ata o remate e que tiveron a oportunidade de marchar cunha raqueta que se sorteou entre os presentes.

DSC_1471
Finalistas

SKM_C284e16031414230_0001SKM_C284e16031414230_0002DSC_1460DSC_1462DSC_1454DSC_1456DSC_1468LOGO TORNEODSC_1452LOGO SERVIZO DEPORTESIdentidade Deputación da Coruña

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter
Share on telegram

Últimas Noticias