O Concello de Toques organiza e financia actividades no CEIP

Toques, 24 de setembro 2021

Un ano máis, en estreita relación co CEIP de Toques e co obxectivo de apoiar incondicionalmente ás familias, o Concello de Toques organiza e financia actividades na escola en horario de 15:30 a 16:30.

No CEIP de Toques, este curso impartiranse 3 horas de ioga para @s máis pequen@s, 2 horas de informática para @s maiores e unha actividade que mestura música e baile para os primeiros cursos de primaria.

Ademais, está aberto o prazo para a inscrición en actividades dentro do Programa de Escolas Deportivas e Culturais, tales como fútbol sala, tenis, patinaxe, bádminton, atletismo e manualidades para @s pequen@s e informática, pilates, ximnasia de mantenemento, tenis, taller de memoria e manualidades para adultos.

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter
Share on telegram

Últimas Noticias