PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE PARA ACCEDER A CERTIFICADOS PROFESIONALIDADE NIVEL 2 E 3 DE CUALIFICACIÓN

NORMATIVA: Resolución do 26 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

OBXECTO: Convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

COMPETENCIAS CLAVE QUE SE CONVOCAN: Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas competencias clave de: comunicación en lingua galega, comunicación en lingua castelá, comunicación en lingua estranxeira (inglés), competencia matemática.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO: A participación deberá formalizarse presentando unha solicitude segundo o modelo do anexo I da resolución dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións. O prazo é a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG ata o 2 de abril de 2016. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica , e opcionalmente tamén se poderán presentar en soporte papel. Estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), e tamén no portal web da Consellería de Economía, Emprego e Industria (https://traballo.xunta.es), onde tamén será exposto o lugar de realización das probas de avaliación.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter
Share on telegram

Últimas Noticias