Programa Turismo Social para maiores do IMSERSO 2021-2022

Normativa

Resolución do 17 de xuño de 2021, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para persoas maiores que desexen participar no Programa de Turismo. (BOE nº 155 do 30/6/2021)

As quendas, que poderán ter unha duración desde 4 días (3 pernoitas) ata 10 días (9 pernoitas), realizaranse en réxime de pensión completa, excepto nas viaxes a capitais de provincia cuxo réxime será de media pensión. As quendas do programa iniciaranse durante o período comprendido entre o mes de outubro de 2021 e o mes de xuño de 2022.

Solicitantes

Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
  • Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
  • Deberán valerse por si mesmos e non  padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión. Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel ou, no seu caso, abonen o suplemento establecido para cuartos individuales que estará suxeito á dispoñibilidade de prazas. As persoas usuarias de prazas e os seus acompañantes, excepto os fillos, deben valerse por si mesmas para realizar as actividades básicas da vida diaria.

Prazo de presentación 

Desde o xoves 1 de xullo de 2021 e ata o venres 30 de xullo de 2021 -ambos os días inclusive-, permanecerá aberto un único período de presentación de novas solicitudes de participación neste Programa para a tempada 2021-2022.

Prezos por persoa das diferentes quendas

En concepto de reserva de praza abonarase unha cantidade máxima do 20% do prezo da praza. A totalidade do prezo da praza abonarase 45 días antes do comezo da viaxe.

No caso das quendas que comecen nos meses de outubro e de novembro, cando o tempo que transcorra desde a reserva de viaxe á data de saída do mesmo sexa inferior a 45 días, deberase facer efectivo a totalidade do pago da viaxe no momento da reserva.

Prezos para a tempada 2021/2022:


8 días (7 noites)10 días (9 noites)
Destinos
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana 212,96 € 269,83 €
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana (sen transporte) 196,02  € 235,95  €
Baleares 248,96 € 308,37 €
Baleares (sen transporte) 195,78 € 236,07 €
Canarias330,51 €405,53 €
Canarias (sen transporte)195,72 €235,95 €
Circuitos culturais (6d/5n)272,71 €
Turismo Natureza (5d/4n)

Capitais Provincia (4d/3n)

Ceuta ou Melilla (5d/4n)

266,81 €

115,98 €

266,81 €

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter
Share on telegram

Últimas Noticias