Termalismo Social IMSERSO

Normativa: Resolución do 18 de agosto de 2021, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo. (BOE nº 208 do 31/08/2021)

Requisitos das/dos usuarias/os:

1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  1. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
  2. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  4. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

Quendas convocadas:

As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de salida. O Programa desenvolverase durante o período comprendido entre o mes de outubro e o mes de decembro de 2021.

Prazo de presentación:

As solicitudes deberán ser presentadas antes do 1 de outubro de 2021. Unha vez admitidas e verificadas as prazas serán adxudicadas, como en anos anteriores; en caso de non ter praza incluirase na orde que corresponda segundo a valoración na «Lista de Espera de Prazas»

Sen prexuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano anterior, os seus expedientes estean completo.

Máis información:

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter
Share on telegram

Últimas Noticias