OS VECIÑOS DE TOQUES CELEBRAN O ENTROIDO

O CONCURSO DE DISFRACES DESTACA POLA ELABORACIÓN DOS TRAXES E O INXENIO E A ORIXINALIDADE DAS TEMÁTICAS ESCOLLIDAS POLOS PARTICIPANTES.

Eran as catro da tarde cando comezaron a chegar os primeiros participantes, romanos, bruxas, espantallos e animaliños coma ovellas ou pingüinos. Case que coa sala do albergue de Souto chea, o ambiente era moi colorido e festivo, igual que os mellores entroidos. Non había demasiada xente coma anos anteriores pero había moita espectación para que comezase o concurso e coñecer o resultado final. Mentres tanto a festa incluía como unha actividade máis un taller de maquillaxe que pronto produciu as primeiras «obras de arte», e un taller de confección de caretas para que os máis cativos puideran colorear e recortar as súas propias.

A partir das cinco da tarde xa estaba todo preparado para que comezase o tan esperado concurso de disfraces. A organización repartía a cantidade de 400 € en cinco premios, e para decidir cales eran os mellores, baremaron según a orixinalidade, a laboriosidade e a interpretación do disfraz e da temática do mesmo.

Así, foron desfilando un tras outro, alguns con música e outros simplemente mostrándose ante o público que aplaudía e vitoreaba a cada un dos máis dunha ducia de participantes.

Mentres o xurado se retiraba a dictaminar, os presentes puideron catar as orellas, doce gastronómico da época, acompañadas dun refresco e tarta de chocolate para deleitarse e amenizar a espera.

Finalmente o xurado emitiu o seu veredicto, con moita discusión e dificultade xa que na puntación obtida según os tres baremos había empate técnico entre catro participantes. Con todo ao final:

1º PREMIO: IMOS Á FEIRA

2º PREMIO: ABELLAS DE PRADOS

3º PREMIO: TIOVIVO

4º PREMIO: ESPANTALLOS

5º PREMIO: PAVOS REAIS

DSC_1309
«IMOS Á FEIRA» -1º PREMIO-
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
1º PREMIO
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
«ABELLAS DE PRADOS» -2º PREMIO-
DSC_1305
» OS ESPANTALLOS» -4º PREMIO-
DSC_1288
4º PREMIO
DSC_1311
«O TIOVIVO» -3º PREMIO-
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
3º PREMIO
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
«OS PAVOS REAIS» -5º PREMIO-
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
TALLER DE MAQUILLAXE
Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter
Share on telegram

Últimas Noticias